O centro social e cultural “As Pedriñas” acolle o sábado, 1 de xuño, todo un día de feira grande. E con entrada de balde! Unha xornada na que amosar o valor do natural. Da man do colectivo Artesanía Local Trebello, case que medio centenar de profesionais exporán o seu traballo, desde a cerámica ao coiro, costura e ourivaría. E ademáis, xantar popular e moita música: Catuxa Salom ás 13:30 horas, As Darbukas Dacolá ás 16 h, Raposa ás 18 horas, e Aldaolado ás 20 horas.
Infórmate de todo nas redes sociais da Comunidade de Montes de Tameiga. Súmate ao movemento Salvamontes!