Coa ameaza do proxecto GS360 como punto de partida, o Salvamontes xurde como un movemento transversal, aberto e apolítico para concienciar á cidadanía da área de Vigo –e ás entidades públicas e privadas- da necesidade de preservar a nosa masa forestal.
Especialmente nas áreas periurbanas, os montes son espazos multifuncionais imprescindibles para o progreso e a calidade de vida da sociedade. Gozan de valor patrimonial e paisaxístico, absorben CO2, proporcionan oxígeno, actúan contra o quecemento global, son lugares de lecer e fonte de recursos naturais (auga, biomasa, etc) para a veciñanza.
En Galicia, o monte representa a nosa identidade, un elemento de unión entre o pasado e o futuro, un modo de vivir e entender esta terra que debemos protexer, por nós e polas xeracións vindeiras. Porque sen a nosa masa forestal non teremos unha Galicia verde.
GS360
A ameaza que orixina este movemento.
Promovido pola Sociedade Anónima Deportiva do Real Club Celta, o GS360 ocuparía ducias e ducias de milleiros de metros cadrados de masa forestal en Mos, montes que pretenden devastar para construír estradas, edificios, un hotel, outro estadio e máis áreas comerciais.
O monte que se quere expropiar (co apoio da Xunta de Galicia) para uso privado está catalogado como rústico de especial protección, goza dun gran valor patrimonial e proporciona auga e biomasa a miles de veciños e veciñas de Mos. Ademais, supón un espazo de esparexemento moi valorado e utilizado pola cidadanía.
O desenvolvemento do GS360 suporía a perda dunha ampla masa forestal de uso público para beneficio único dunha entidade privada, que ademais construiría infraestruturas innecesarias e duplicadas e deixaría sen agua a máis de 5.000 persoas.
Depende de nós decidir que vale máis. Salvemos o monte, protexamos o ecosistema e o noso modelo de vida.
Novas destacadas
AXENDA
SÚMATE
Eres un ou unha Salvamontes? Incríbete para sumar o teu apoio á causa do monte, recibir todas
as novas e estar informado das actividades deste movemento cidadá.
Quen somos
O Salvamontes é unha plataforma impulsada por persoas comprometidas coa defensa e posta en valor do monte. Está aberta a tódalas entidades, asociacións e calquera colectivo que compartan esta sensibilidade. Quen formamos parte, polo de agora? A Comunidade de Montes de Tameiga e Ecoloxistas en Acción.
E ti? Queres formar parte do movemento Salvamontes?